Obxectivos marcados pola inspección de traballo para este ano 2023
- A inspección de traballo ten por obxecto a vixilancia salarial, as horas extraordinarias e o control da xornada.
- Tamén vixiará o cumprimento das obrigas de igualdade verificando a implantación do plan de acoso, obrigatorio para todas as empresas.
- Investigará os contratos formalizados tratando de detectar falsos autónomos, fraudes salariais, horas extraordinarias incontroladas ou falsos internos. Para esta tarefa, a inspección de traballo contará cunha nova ferramenta informática como é o big data.
Novidades na tramitación de informes de baixa por IT (Incapacidade Temporal) dos traballadores a partir do 04/01/2023
- Elimínase a obriga do traballador de presentar informes de alta/alta médica ante a correspondente empresa ou mutua.
- A comunicación entre as entidades emisoras dos informes e a empresa será telemática.
- As entidades emisoras comunicaranse coa empresa a través da súa persoa autorizada no sistema RED (que será o asesor se é quen elabora as nóminas e liquidación da seguridade social), para informarlle das altas e baixas dos traballadores.
- En todo caso, mantense a obriga do traballador de comunicar á empresa a ausencia do traballo por asistencia a
unha cita médica ou por estar enfermo.
Modificación dos contratos de interinidade por maternidade e paternidade a partir do 09/01/2023
- A bonificación do contrato de substitución nos supostos anteriores será de 366 euros mensuais, tanto para o substituto como para a substituída, durante o período en que se solape o contrato de substitución e a respectiva prestación
da persoa substituída. Ata agora a bonificación é o 100% do seu custo. - A nova lei só permite aplicar o incentivo se a persoa substituída é unha persoa desempregada menor de 30 anos (coa lei vixente non existe esa limitación).
Outras novidades
Agora cómpre informar dos estudos que ten o traballador á hora de tramitar as altas de emprego na empresa. No caso de embarazo, a traballadora pode, na semana 39, provocar baixa por enfermidade tratada como accidente de traballo.