Ofrecemos unha ampla gama de servizos que inclúe todo o necesario para o asesoramento e consultoría empresarial. Os nosos principais servizos e campos de especialidade son os seguintes.

Gallega de Consulting SA
Mercantil
Asesoramos e representamos a todo tipo de empresas, e asistimos aos nosos clientes en todaslas obrigacións mercantís relacionadas coa súa actividade empresarial.
Os nosos profesionais nesta área mercantil e societaria asesorarán aos nosos clientes en calquera operación societaria, principalmente as relativas á constitución, transformación e disolución de sociedades, modificacións estatutarias, ampliación e redución de capital, asesoramento na redacción de actas das xuntas de socios e do consello de administración, asistencia ás mesmas, protocolos familiares, contratos mercantís, joint ventures, fusións e escisións, intermediación e resolución de conflitos societarios, planificación de estruturas societarias e compravenda de participacións e accións.
Gallega de Consulting SA
Laboral
A través do noso departamento de laboral dáse un asesoramento completo e realízase todos os trámites e xestións que, a día de hoxe, esixe a lexislación vixente.
Entre outros moitos apuntamos os seguintes:
- Confección de nóminas e liquidación seguros sociais.
- Contratos, altas, baixas e variacións dos traballadores.
- Presentación e xestión de ERES.
- Asistencia en Actos de conciliación e inspeccións de traballo.
- Xestión de expedientes de xubilación, invalidez etc.
- Tramitación do servizo do fogar familiar.


Gallega de Consulting SA
Fiscal
Mediante unha xestión personalizada e profesionalizada encargámonos do asesoramento fiscal permanente, así como os distintos trámites ante a Axencia Tributaria, que entre outros figuran:
- Confección de impresos de declaración-liquidación dos diferentes tributos que afecten á empresa.
- Representación en procedemento de xestión e inspección tributaria.
- Altas e baixas IAE/Censo.
- Estudo e resolución de consultas fiscais.
- Asesoramento e realización do I.R.P.F. e Patrimonio.
- Imposto de Sucesións; asesoramento, confección e presentación das liquidacións.
- Asesoramento e realización do Imposto de Sociedades.
Gallega de Consulting SA
Contable
A contabilidade non se limita a controlar o cumprimento dos libros contables obrigatorios por Lei; de feito constitúe un elemento fundamental para o control operativo da empresa. Deste xeito, o cliente debe obter unha base extraordinariamente útil para conducir os procesos de decisión da súa empresa. Todo o proceso contable queda ao noso cargo.
A continuación detallamos algúns dos principais servizos:
- Procesamento da documentación contable da empresa a fin de obter os libros obrigatorios.
- Revisión de rexistros realizados directamente pola empresa.
- Legalización dos libros contables e depósito de contas.
- Confección de Memorias e Contas Anuais.
- Asesoramento contable xeneral.


Gallega de Consulting SA
Consultoría empresarial
Organización empresarial e apoio á dirección.
- Manuais de procedementos administrativos.
- Contabilidade de custos.
- Recursos humanos e selección de persoal.
- Xestión de axudas e incentivos ante entes públicos.
- Estudos de viabilidade.
- Informes económicos.
- Constitución/Modificación de sociedades.
Asesoramento en seguros.
- A través da nosa correduría de seguros Iberpóliza.
Gallega de Consulting SA
Tes algunha dúbida?
Se queres saber máis de nós e dos servizos que ofrecemos, non dubides en contactar connosco.