Gallega de Consulting, S.A. é unha consultora empresarial, con sede en Santiago de Compostela, cun cadro de persoal de máis de 20 profesionais cuxa experiencia é a súa mellor baza.

Gallega de Consulting SA

Ofrecemos o mellor servizo grazas á experiencia

Os nosos coñecementos avanzados, en constante actualización, permítennos ofrecer todo tipo de servizos enfocados a atender as obrigacións empresariais en todos os ámbitos. A nosa clientela representa un amplo abanico de distintos sectores.

A nosa filosofía baseouse durante anos na calidade, a experiencia, o compromiso e a confianza dos nosos clientes para garantir o éxito dun traballo en equipo con garantía de continuidade.

Somos asesores de empresas, pero tamén de autónomos, profesionais e particulares.

Nuestra historia

Dende 1979 traballamos para ofrecerche os mellores servizos

GALLEGA DE CONSULTING S.A. Foi fundada en 1979 e o seu obxecto social é o asesoramento empresarial.

Somos un equipo de profesionais con dedicación plena e exclusiva, especializados en diferentes materias que afectan ás empresas.

Nacemos do asesoramento e a consultoría coa intención de poder ofrecer ás empresas un servizo global.

Contamos cun amplo equipo de profesionais cualificados, expertos nos distintos aspectos que afectan ao mundo da economía.

Os emprendedores poden sentarse cos nosos expertos e estudar a solución aos seus problemas desde todos os ámbitos, analizando as consecuencias fiscais, xurídicas, comerciais, patrimoniais, contables e laborais e determinando posibles alternativas de actuación. Sen deixar cabos soltos.

Os nosos servizos

Ofrecemos un abanico amplo de servizos

Comprenden todo o necesario para o asesoramento e consultoría empresarial. Os nosos servizos e campos de especialidade principais son os seguintes:

Gallega de Consulting SA

Tes algunha dúbida?

Se queres saber máis de nós e dos servizos que ofrecemos, non dubides en contactar connosco.